Canción comunista (Roberto Sobrado)
Tema do cantautor ourensáo Roberto Sobrado / cancionsen.galego "Lingoa proletaria do meu pobo eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana porque me sái de dentro, aló do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garavata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rosto erguido, mariñeiros, labregos da lingoaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque sí, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sufren longo unha historia contada noutra lingoa" Volveu o inverno, camarada, e a rutina do deber. Un ano máis, compañeiros, quixera manter a fe, e quixera seguir crendo que xuntos podemos cambiar para chegar ao ben colectivo sobre o individual. E eu non posúo a verdade, non vos vou mostrar a luz, non quero que me sigades, non son o voso gurú, Só quería falarvos dun vello soño de igualdade. Sanidade e educación, as bases desa sociedade que medrará alimentada pola paz e a tolerancia entre pobos e razas, reparto das abundancias. E nada de caciques, especuladores nin guerras, nin bloqueos nin bombardeos, o pobo é quen máis ordena. E saberás que estou cansado, aínda que non viva mal, e penso seguir cantando, e eu quixera facer máis, porque anque viva coma un burgués, a familia é proletaria, labrega, nacionalista, desa xente que non cala. E como vou calar eu, se inda hoxe me sinalan por cantar na miña lingua, por falar dos camaradas, dos que deron a vida, dos que morreron pola espalda, Bóveda, Allende, Guevara, Reboiras, Lorca, Víctor Jara. Non pido vinganza, tan só quero dignidade, as bombas e os conflitos deixémosllos ós ianquis. Máis cedo ca tarde hanse abrir as alamedas, nós temos o don da palabra. Venceremos, Ai, Carmela ! Cando se alonguen os días, agárdovos camaradas, nun vintecinco de abril, ou na primavera de Chiapas.

Suso Vaamonde- Deus fratesque Gallaecia

El hilarante show de Hugo Varela con su guitarra gigante que hizo reír al público

XI Concierto de Verano de la Coral Benaventana

Evolution of Rome | Fixed-Camera Timelapse: The Colosseum Valley

My Golden Retriever Heals a Terrified Rescue Kitten in Just 3 Meetings!

Travelling in Germany in 1936 | Historic sound film featuring trains, ships and Zeppelin travel

"L'Internazionale" - Internationale in Italian

Legend Kahn saves 3 penalties! | FULL PENALTY SHOOT-OUT | FC Bayern - FC Valencia | UCL-Final

Top 10 Coolest Moments in Westerns | MGM

She’s 12. She Sings Aretha Franklin… Until Simon TELLS Her to Do It Acapella! 😳

SHAME IN EUROPE: The elites' move to approve Chat Control and the digital euro

Os Tres Pés - Uah! Suso Vaamonde (tema popular)

Quen non quere ser millonario

Unbelievable Smart Worker & Hilarious Fails | Construction Compilation #5 #adamrose #smartworkers

Romancero de Durruti - Chicho Sánchez Ferlosio

Scientists Reveal Shocking Genetic Origin of Portuguese DNA

"Chantons l'unité" - canadian communist song

Die verlorenen Berliner Bahnhöfe, die heute niemand mehr kennt.

Suso Vaamonde - A constitución / Que chova (Bueu, 1992)

