Xabier Diaz & Adufeiras De Salitre -Feira do Viño D.O. Monterrei 2025 - Verin - Galicia - Spain

https://xabierdiaz.com/ Xabier Díaz- Máis de tres décadas de música O Desfile de Estrelas do coruñés barrio de Eirís, escoitou as primeiras muiñeiras tocadas por Xabier Díaz (A Coruña, 1969) nunha gaita que o seu melómano avó materno tivo a ben mercarlle cando a década dos 80 alborexaba. O instrumento converteuse nun vehículo que facilitou a chegada de Xabier a Xacarandaina, Rumbadeira, e sobre todo á descuberta dun mundo descoñecido, o da música que aínda naquela altura gardaban as aldeas, a descuberta da música de noso… Hoxe é un dos nomes propios da música de raíz galega. Formou parte do célebre cáseque mítico e xa extinto grupo Berrogüetto entre 2008 e 2014. Paralelamente, participou xunto a Guadi Galego, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández no proxecto aCadaCanto, co que publicaron dous discos. Naceu entón un compromiso esencial cos instrumentos de percusión de man, nos que se especializou e que son marca inconfundible da súa obra, nomeadamente a pandeireta, instrumento no que gañou un grande recoñecemento e prestixio. Sucedéronse os premios e sobre todo o máis importante, o nacemento dunha nova formación xunto coas Adufeiras de Salitre coa que dende o ano 2014 foron deixando retrato do traballo feito en catro discos, The Tambourine Man (2015), Noró (2018), As Catedrais Silenciadas (2020) e Axúdame a sentir (2024). A banda leva unha cantidade de concertos que viaxa camiño dos 400 e que deixou pegada en Bos Aires, Oslo, Lisboa, Alxer, Glasgow, Madrid, Bariloche, Colonia, Londres, Gotenburgo, Roterdam, Bruxelas ou Gante, por poñer algún exemplos. Os discos gañaron recoñecemento da crítica especializada e do público, cun destacado éxito de vendas e repercusión na World Music. As Catedrais Silenciadas estivo tres meses no Top Ten da WMCE e acadou o Premio Martín Codax na categoría de Música Tradicional no pasado 2020. Sempre curioso, Xabier continúa buscando novas formas para darlle novas vidas a aquelas músicas que bateron no peito de aquel mozo que plantou a arquitectura polo amor á ferreña.   / xabierdiaz_music     / xabierdiazmusic   https://x.com/xabier_diaz https://open.spotify.com/intl-pt/arti... Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei A vila de Verín prepárase acolleu a XVIII Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei, evento e que reuniu a 19 das 29 adegas da Denominación de Orixe Monterrei. Durante tres días, a praza da Alameda converterase no epicentro do mundo vitivinícola da comarca de Monterrei, ofrecendo a veciños e visitantes non só a oportunidade de degustar os viños máis destacados da denominación de orixe, senón tamén desfrutar dunha completa programación cultural e gastronómica. Nesta ocasión asistirán un total de 19 das 29 adegas que conforman a Denominación, «contaremos co mesmo número de adegas que na anterior edición, o que reflexa o gran apoio do sector a esta cita vitivinícola tan importante para a nosa comarca», recoñece o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Manuel Vázquez. Cultura, gastronomía, música e viño uniranse un ano máis no marco da Feira do Viño de Monterrei, entre as que se incluirán diversas actividades paralelas destinadas a adultos e público infantil. As mesmas celebraranse na praza Maior e no interior do parque da Alameda, ao longo das xornadas do 8, 9 e 10 de agosto. O sábado 9, ás 24:00 horas, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre tomarán a Praza Maior. Unha referencia da música de raíz galega, ofrecerá un repertorio baseado no seu último traballo discográfico Axúdame a sentir (2024). Díaz, recoñecido internacionalmente, leva preto de 400 concertos por todo o mundo. O seu estilo, baseado na percusión tradicional de man e na pandeireta, transformou a escena da música tradicional galega, manténdose fiel ás orixes e, ao mesmo tempo, innovando na súa sonoridade. Adegas participantes, casetas gastronómicas e colaboradores Ladairo Gargalo Adega Valderello Crego e Monaguillo Quinta do Buble Terras do Cigarrón Triay Adega Tapias Mariñán 3 Mentiras Vía Arxéntea Abeledos Setembro Bodega Franco Basalo Adegas Daniel Fernández Adega Trasdovento Quinta Soutullo Manuel Vázquez Losada Serra de Alén Ramón Bigotes Con respecto aos postos de gastronomía, un máis que na pasada edición, estarán presentes Panadería Roscas, Cárnicas de Feces, Jamones Don Francisco, Queixeria Gaia, Matilde Waffles e Gelados, Alacena-Puebla de Sanabria, Cien por Cel, Conservas Regiomare, Xavier dos Leitões e Casa do Pulpo. Sobre a D.O Monterrei A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos desta D.O ocupan un total de 798 hectáreas de territorio nas que traballan 381 viticultores