Materia prima - Dir. Natalia Porca | II Chanfaina LAB
2ª Chanfaina'Lab (16). Estrea venres, 17 de xuño do 2016 Directora: Natalia Porca Sinopse: "Unha visita convértese no percorrido por tres casas diferentes: presente, pasado e futuro. Unha casa habitada, unha abandonada e outra coa que se soña. As tres atópanse na memoria dunha nena que volta a elas anos máis tarde, facendo que os seus recordos se contrapoñan coa realidade, co que agora é e co que viviu ou non alí". Duración: 3’ 46’’ Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en Pena da Meda (Igrexafeita) dentro do programa da Chanfainalab. Seleccionada no Festival S8 (Coruña 2016) e no Olloboi (Boiro 2016). Aínda que nacida en Ferrol hai 21 anos, os avós maternos de Natalia viviron en Pena da Meda (Igrexafeita). Ao rematar o Bacharelato no IES Concepción Arenal de Ferrol ingresa na Facultade de Comunicación de Santiago, onde vai comezar o cuarto curso de Comunicación audiovisual. Escritora vocacional, cineasta ocasional e curiosa pola vida, Natalia realizou algunhas curtas na facultade, entre elas “Meus ollos firen” (2014), 4º Premio no certame CinEOI 2015 e finalista en Olloboi 2015. Participa activamente na revista cultural Compostimes e mantén "Tintas y cuerdas", un blog persoal de creación literaria e audiovisual. A cineasta chegou á Chanfaina con certa crise existencial e sen saber moi ben qué facer: "Tiña tirado un fío narrativo a partires de tres casas de Igrexafeita que estaban relacionadas coa miña memoria persoal. Algo así como o pasado, o presente e o futuro a través das lembranzas localizadas nas tres casas. Tamén algunhas fotos vellas que saquei da casa da miña tía, mais non sabía como conectalas entre sí... Ao final, na montaxe din coa metáfora que pretendía a través dun texto con vocación poética que cargou de sentido as imaxes de Igrexafeita da miña infancia. En realidade nesta peza tan só fun unha nena que indagou coa súa cámara nas casas da familia, algunhas en ruínas, na procura dos alicerces, do sentido do que fomos, mais tamén do que somos no presente". “Materia prima” propón unha viaxe polo tempo e a memoria desta prometedora cineasta, un flasback polos espazos da patria da infancia, que sempre idealizamos no decurso do tempo vivido. Esa materia prima que conforma o noso xeito de ver o mundo hoxe, mais que bebe dos tempos no que fomos nenos e nenas. En palabras do crítico Fernando Solla: "Los humanos mudamos pero mucho más rápido que nuestro entorno. Tras un camino de piedra al que nadie llega se detiene el tiempo y empieza la vida secreta. Un exterior aparentemente inhóspito contrastará con el ritmo interior de un hogar. Una parada para cerciorarnos que todavía tenemos la vida por delante como retrato cinematográfico del futuro que todavía no hemos vivido. Que será presente y después pasado. Unas imágenes envueltas de un sonido naturalista y que en voz de la autora nos confiesan que la materia prima de la vida son los recuerdos. O los sueños. Estar, quedarse y marchar. Si la materia prima de la vida son los recuerdos y éstos son caprichosos y aleatorios, ¿elegimos nuestra propia identidad de manera selectiva?. El paso del tiempo: lo que antes era un campo ahora es una piscina. Personalísimo y emotivo cortometraje" . 👉MÁIS INFO SOBRE ESTA PEZA EN: https://chanfainalab.gal/

7 Minutes of Straight Talk! Littbarski's Blistering DFB Speech Packs a Punch | SPORT1 World Cup D...

Mountain Lake Cabin Oil Painting | 4K Vintage Art Screensaver TV #LandscapeArt #CabinDecor

Bolero en la Madrugada – Voces del Alma en La Habana

Boho Landscape Art Screensaver | Art Slideshow For TV | Turn Your TV Into Wall Art | 1 Hr | No Sound

Midnight in Beirut 🌙 | Lebanese Jazz & Oud Melodies for Relaxation & Deep Focus

How Arctic Nomads Bathe and Stay Clean at −40°C | Deep in Russia's Arctic Wilderness

1970s French Chanson Music 🇫🇷 Classic Love Songs in a Rainy Paris Café 🌧️

Eiqui Hai Outra Lhéngua | ENTR_Docs | ENTR PT

My Golden Retriever Heals a Terrified Rescue Kitten in Just 3 Meetings!

Vintage Landscape TV Art Screensaver Tv Wallpaper Home Decor Oil Painting Digital Wall Art

Boleros de Medianoche – Ecos de La Habana

Narahio - Dir. Ángel Rueda | IV Chanfaina LAB

Instantes dun retorno - Dir. Gisele Llanio | II Chanfaina LAB

Living in the Azores | 9 Volcanic Islands in the Middle of the Atlantic —1,500 km From Anywhere | 4K

Mr.Bean Making Celebrities Cry With Laughter NONSTOP!

Donrindts (CSU) Plan für den Polizeistaat: Verfassungsschutz und BND werden von der Kette gelassen

Madrugada en La Habana – Bolero para el Alma

Boho Art Screensaver | Turn Your TV Into Wall Art | Art Slideshow For TV | 1 Hr | No Sound

The CHESTNUT TREE: making its trunks FLEXIBLE with fire for hand-weaving baskets

