Danza propia - Dir. Andrea Zapata-Girau | IX Chanfaina LAB
9ª Chanfaina Lab (23). Estrea: venres 23 de maio do 2025 Dirección, cinematografía e montaxe: Andrea Zapata-Girau Música: "Vals triste" de Franz von Vecsey Reparto: Pilar Rodríguez e Rosa Carballo Casting: Ángela Arnosa e Kevin Lorenzo. Sinopse: "Pilar e Rosa comparten as súas biografías do tacto" Duración: 12' 41'' Gravado en Naraío, o alxibe do Castelo de Naraío e os campos de arandeiras de Prospes, dentro do programa da 9ª Chanfainalab. Andrea Zapata-Girau (Vigo, 1986) é cineasta, montadora, educadora e música. A súa obra cinematográfica, desenvolvida entre Galicia e Finlandia, transita entre a ficción e a non ficción, e explora a relación entre cinema, antropoloxía, música e arte contemporánea, afondando en temas como as dinámicas familiares e comunitarias, a dislocación cultural e a fe. Formouse en cinema e comunicación na Universidade Pompeu Fabra, a TAMK School of Art, Music and Media (Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere, Finlandia) e a Universidade Internacional da Rioxa; e en música no Conservatorio Mayeusis de Vigo, a Guildhall School of Music & Drama e a Universidade de Santiago de Compostela. Os seus filmes "Jiskra", "Guitarra de palo" ,“Aava” (Premio no festival de Cans), "Dictée 14' 32'' e “Ruovesi” foron programados en festivais como os de As Palmas, A Habana, Göteborg, ZINEBI, Winterthur, Curtocircuíto e espazos como a Filmoteca Española (Madrid), o CCCB (Barcelona), o Museo Sitio de Memoria ESMA (Bos Aires), o teatro Symphony Space (Nova York) e a Gran Sala de Oración da Sinagoga de Toledo. En 2023 recibiu en Finlandia a prestixiosa bolsa da fundación KONE para investigación, arte e cultura. Compaxina a creación artística coa investigación e a práctica pedagóxica. Andrea achegouse a Chanfainalab seguindo o ronsel das teimas e historias que lle interesan como cineasta dende hai tempo: "dende a preparación da miña película “Imatra”, hai tres anos, comecei a investigar sobre o tacto desde a perspectiva da antropoloxía social e dos estudos afectivos. Nese proceso pareceume especialmente relevante o concepto de “biografías do tacto”, tema central na obra da antropóloga Taina Kinnunen (de Finlandia, país co que manteño un vínculo persoal e profesional dende 2006): relatos persoais nos que as persoas narran como experimentaron o tacto ao longo das súas vidas e como foron socializadas arredor del. Estas biografías permiten analizar como as prácticas e percepcións do contacto físico se configuran historicamente a través de distintas formas de socialización, ideais de crianza, normas culturais, condicións materiais e eventos colectivos traumáticos, transmitindo de xeración en xeración as marcas dun mundo que aínda persiste na nosa maneira de tocar e ser tocados. Ao recibir a invitación para participar no Chanfaina Lab vin a oportunidade de recompilar unha ou varias destas biografías do tacto entre os seus habitantes. Interesábame especialmente que algunha desas persoas tivese unha profesión vinculada co tacto. Estas profesións non só implican a aplicación física do tacto, senón que tamén están profundamente entrelazadas coas emocións e coas experiencias afectivas de quen as recibe. Tamén me interesaba que estas mulleres fosen nais, e que cando menos unha delas fose de idade avanzada". "Danza propia" é unha curtametraxe de complicada execución, porque precisa da localización e colaboración activa de mulleres dispostas a abrirse ao universo singular que procuraba a cineasta viguesa: "o equipo de casting da Chanfainalab presentoume a Pilar Rodríguez, reflexóloga, e a Rosa Carballo, avoa dun dos membros da organización; ambas, mulleres dunha tenacidade e impulso vital excepcional. A súa honestidade e lucidez deron forma a esta peza, coa que falar do material humano, da familia e do ancestral. Pola miña banda, estou fondamente agradecida a todas as persoas que colaboraron nesta curta e ás que a acompañaron en todo o proceso". Unha extraordinaria peza case unha delicatessen ateigada de sensibilidade e tenrura, onde as texturas do afecto e a verdade percíbense en cada un dos fotogramas, tanto no uso de metáforas visuais, como na pel e os ollos das súas marabillosas protagonistas. 👉MÁIS INFO SOBRE ESTA PEZA EN: https://chanfainalab.gal/

🚨La FIFA intentó HUMILLAR a México…😭 pero el mundo entero se puso LA VERDE

Mi Hija Llenó Los Carritos Del Supermercado Y Me Exigió Pagar Todo, Pero Cuando La Cajera Cobró...

Answer to Harvesting Giant River Fish is Handmade Traps | Fishing with Chuc Duong and Her Children

He attacks viewers live and harasses women I Rezo reacts

POESIA TORRE 2

Scientists Reveal Shocking Genetic Origin of Portuguese DNA

We Relocated the Handwheel on Our MONSTER Lathe | Megabore Lathe Setup

Mr.Bean Making Celebrities Cry With Laughter NONSTOP!

Marta Pereira da Costa: Tiny Desk Concert

Turn Your TV Into Art | Vintage Landscape Art Slideshow | 1Hr of 4K HD Paintings

My Golden Retriever Heals a Terrified Rescue Kitten in Just 3 Meetings!

Timelapse - Catching Fresh Fish & Cooking Over Campfire | Solo Bushcraft

DNA Reveals the BASQUES Weren’t Who We Thought

Rowan Atkinson's Brilliant Humor Leaves Celebrities in Tears!

Trump GETS BUSTED in MASSIVE GRAND JURY FRAUD!!!

Deep Sleep Music with Rain Sounds and Piano Melodies – Peaceful Music for Relaxation and Meditation

Turn Your TV Into Art | Still Life Vintage Art Slideshow | 1Hr 4k HD Paintings

Master Yourself | Brian Tracy | The Power of Self-Control and Discipline

"The danger of a major war is growing": Harald Kujat on escalation and peace in Ukraine

