Pratos Combinados 132 - "Todo é reciclable (menos o amor)" (24.10.2001)

Antón fala de matrimonio con Charo pero ela segue pensando en marchar a Alemaña, convencida de que él só pretende conservar o apartamento no que viven. Balbina intenta calmar a relación entre os dous mentres prepara unha festa de despedida para Charo no Suízo. Mentres, o padre Nicanor está a organizar un rastro benéfico no que todos os veciños do barrio colaboran doando os seus trebellos.