E falarei como eu queira, ou? | Esther Estévez | LGx15
Intervención de Esther Estévez no LGx15 de 2020 --- Dende que comezamos co Dígocho Eu vivo nunha guerra constante comigo: intento corrixirme e usar o máximo vocabulario normativo para dar exemplo, e por outra parte, fágome correccións cando digo algo que pode deixar nun segundo plano os meus trazos dialectais. En calquera caso, creo que temos moitísima sorte por ter tal riqueza na nosa lingua e ao mesmo tempo tamén penso que temos sorte por ter dicionarios aos que acudir cando temos dúbidas sobre o estándar. Así que, loxicamente, nunca direi “non digas” con algo que teña que ver cos trazos dialectais. Pero non debemos usar isto para xustificar o “pois eu sempre o dixen así e non o vou corrixir. Falarei como eu queira, ou?”. O proxecto do Dígocho Eu ensina galego normativo e intenta facelo atractivo. É importante ensinar galego para depuralo un pouco de castelanismos, pero tamén para que se lle colla cariño e se fale moito máis. Facer atractivo aprender galego é difícil porque facer atractivo aprender case calquera cousa é difícil. Cando comezamos con este proxecto non sabiamos que acabaría collendo a forma que ten. Nós mesmos tivemos que aprender a como espertar interese pola lingua. Hai moitas formas, pero a máis destacable é que sempre intentamos xogar co factor sorpresa para fuxir o máximo posible dos libros de texto. --- Son Esther Estévez, teño 22 anos e son de Verín. Traballo no departamento de Contidos Web da TVG dende setembro do 2019 e son a do #DígochoEu dende xaneiro de 2020. Estudei Xornalismo en Santiago de Compostela. Fixen prácticas nos informativos da Radio Galega no verán do 2018. Nese inverno estiven como voluntaria no equipo de comunicación do Festival Internacional de Curtas de Verín e entre abril e agosto do 2019 fixen prácticas en Nós Televisión. --- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Agustín Magán | Centro Sociocultural de Santa Marta | Santiago de Compostela | 3 de outubro de 2020 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal

A importancia de contar historias en galego na rede | Alba Mancebo | LGx15

Esther non lle deixa pasar nin unha a Gayoso! - Luar

#DígochoEu O máis viral do TikTok (capítulo 12)

A xornalista Esther Estévez participa no ciclo ‘Galinfluencers’ da UVigo

Manual de autoaxuda para neofalantes | Belen Regueira | LGx15

Can a PORTUGUESE person speak GALICIAN?

#DígochoEu O máis viral do TikTok (capítulo 13)

Why The Polish Genetic Origin is So Mysterious

Onde está o teito da música en galego? | Rodri Míguez | LGx15

Vocals OBERTES i TANCADES del Català - Pràctica inclosa - (Subtítols: cat)

Youtubeirxs e galegueirxs

Os mellores vídeos dos 21 días co galego e máis #DígochoEu

A lingua non é unha peza de museo | Nuria P. Espasandín | LGx15

O audiovisual que para o galego merecemos | Luís Iglesia | LGx15

Onde se fala máis "normativo"? #DígochoEu

VÍDEO CREATIVO - Palabras galegas que deberías aprender

Galego e portugués, unha cuestión ortográfica?

Primavera millennial para o galego | María Yañez | LGx15

How Portuguese Sounds To NON- Portuguese Speakers? l Poland, France, Spain, Italy, Portugal, Brazil

