Alalá nº 15 "SonDeSeu" - TVG
ALALÁ Capítulo Nº 15 - "SonDeSeu" - Emisión 30 / 05 / 06 - TVG Coincidindo co décimo aniversario do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, o programa Alalá trasládase ata esta cidade para descubrirnos o que sen dúbida é a experiencia musical máis innovadora e espectacular deste centro. Referímonos a SonDeSeu, a primeira orquestra folc de Galicia que está formada por 35 músicos, todos eles alumnos desta escola. A idea xurdíu hai xa sete anos e naceu como unha actividade didáctica do Conservatorio, que coordina un dos nomes de máis prestixio da música galega, Rodrigo Romaní. El e mailo resto dos profesores, encárganse de traballar cos alumnos nas distintas aulas: Romaní dá clase de arpa; Anxo Pintos de zanfona; Alfonso Franco traballa cos violíns ; Xosé Liz de Cea na clase de requinta; Xaquín Xesteira ensina gaita e percusión e Fco. Xabier Feijoo, “Chisco”, encárgase da clase de canto e pandeiretas. Nesta edición de Alalá falarán os mestres e tamén alumnos coma Manoel, Roberto, Pauliine ou Mabel e comprobaremos que, para todos eles, SonDeSeu é algo máis ca unha actividade didáctica. De feito, as emocións mestúranse e percíbense a través da música cando actúan sobre un escenario ou, coma neste caso, en plena Rúa do Principe. Así, con público espontáneo, escoitaremos pezas do primeiro traballo discográfico da orquestra, “Mar de Vigo” e tamén do segundo disco, que están a piques de publicar, e no que aparecerán temas tradicionais e outros de composición propia. A posta en escena da orquestra SonDeSeu resulta orixinal e sorprendente polo gran número de músicos, pola variedade de instrumentos e polos arranxos musicais cos que conseguen un son potente, cheo de enerxía e de harmonía.

Alalá nº 144 "O Lalín" - TVG

SonDeSeu Folk Orquestra & OSV430. Suite ILLAS DOS DEUSES. ALBORADA. Rodrigo Romaní

Alalá nº 22 "Xavier Blanco" - TVG

Mystic Celtic Music | Cleanse Negative Energy & Deep Relaxation

Faro Vilán - Camariñas bien arropado Con toda en Banda 2023

Portugal – Spanien Highlights | Achtelfinale, FIFA WM 2026 | sportstudio

Les Anxovetes | 51a Cantada d'havaneres de Calella de Palafrugell (2017)

Top Brilliant Recycling and Manufacturing Mass Production Factory Process Videos

Everyone Ignored Him… Until He Played | GUITAR PRO pretended TO BE HOMELESS

Alalá nº 16 "Pandereteiras de Barro de Arén" - TVG

Alalá nº 157 "Manolo Solla -O Gaiteiro de Vilariño-" - TVG

Concerto de The Chieftains en Ortigueira 2014 con Phil Cunninghan, Milladoiro e a Escola de Gaitas

Alalá nº 218 "Carboeiro" - TVG

Blue Hour Blues – Midnight Chicago Blues & Smooth Jazz for Late Night Relaxation

Tequexetéldere, jota e muñeira de Ancares, na Rapa das Bestas 2013

Alala de Padrón

Alalá nº 13 "Emilio do Pando" - TVG

SONDESEU - XOTA DE CORTELLAS

O ÁLBUM PERDIDO: Top 10 Fados de Ouro (Lisboa Anos 50) – Relíquias da Saudade

