ENTREVISTA LOIS ANXO FERREIRO, CULTURA ABERTA CARRAL: 'BEIRA, A MEMORIA SOTERRADA'

A Asociación Cultura Aberta inagurará un roteiro en setembro para conducir a cidadanía desde a canteira das Catalinas ata a foxa de Beira, lugares asociados á represión fascista en Carral. Na foxa foron localizados os restos de catro persoas que poderían ser vítimas da represión. Á espera dos resultados das análises, o presidente de Cultura Aberta, Lois Anxo Ferreiro, non oculta a súa satisfacción. Explica que o que pretenden con isto é "facer xustiza e reparación". Con el falamos no capítulo 37 de 'A ferida aberta no 36'.