Poetas Di(n)versos AO VIVO. Luns 25 de Maio de 2026. SAMUEL MERINO & SIMON ARMITAGE
SIMON ARMITAGE SAMUEL MERINO Unha das últimas revelacións da poesía galega xunto ao actual Poeta Laureado do Reino Unido: linguaxe accesible sobre fondo social para facer do poema intensidade, ritmo e relato. Samuel Merino Samuel Merino (Mos, 1982) é un creador que desenvolve o seu labor arredor dunha poética que enraíza na súa formación de licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e nos seus estudos e experiencia no eido das artes escénicas, que cursou na ESAD de Galicia nas especialidades de interpretación e dirección de escena e dramaturxia. As súas obras adoitan tomar corpo na oralidade dos recitais e en breves presentacións que transitan os camiños do teatro e a performance. Polo seu traballo nesta intersección recibiu galardóns coma o II Premio Pezas dun teatro do porvir Galiza-Portugal en 2023, xunto coa poeta Silvia Penas, e o VII Premio de Poesía Viva L de Lírica en 2025. Entre a súa obra literaria publicada, destacan Con esta hoz/Con esta fouce (2023), Claustro Corda Comensal (2023) e Manual de Camuflaxe (2025), poemario que lle valeu o recoñecemento do XIII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía. Desde 2021 forma parte de Límites Corpo Colectivo Transfronteirizo. Simon Armitage Simon Armitage (Huddersfield, 1963) é o Poeta Laureado do Reino Unido. Entre os numerosos premios que recibiu inclúense a Medalla de Ouro da Raíña para a Poesía, o Premio PEN de Tradución Poética e o Premio Ivor Novello pola súa escrita de cancións. Publicou máis dunha ducia de coleccións poéticas, entre elas Dwell e Blossomise. Traducido a numerosas linguas, Avión de papel (2024) é a súa primeira chegada, en castelán, a unha lingua do Estado. É tamén autor de dúas novelas, de tres libros de memorias e dramaturgo galardoado; a súa peza The Last Days of Troy foi representada no Shakespeare’s Globe de Londres. Ademais escribe, grava e actúa coa banda musical LYR. O seu libro Never Good with Horses recolle por primeira vez as súas letras de cancións. É un locutor habitual e tamén escribe para a televisión e a radio; presentou a popular serie de BBC Radio 4 The Poet Laureate has Gone to his Shed. A súa nova serie de podcast The Shed está dispoñible en plataformas en liña. Foi profesor de Poesía en Oxford entre 2015 e 2019 e, na actualidade, desenvolve este traballo na Universidade de Leeds, en Yorkshire.

Poetas Di(n)versos AO VIVO. Luns 20 de Abril de 2026. MIGUEL SANDE & GABRIEL CHÁVEZ CASAZOLA

¡Gorbachov NO era quien decía ser! ¿Quién era en realidad?

“No sabemos quiénes somos en medio de la tragedia”. Hernán Casciari

ANA VIDOVIC - 2025 Classical Guitar Concert | Siccas Guitars | BACH, Piazzolla, Schubert

Jose Luis Sastre. Trobades Camus 2026 - VO

Booker Prize Winner Gives His Best Writing Advice (Yann Martel Interview)

Poetas Di(n)versos AO VIVO. Luns 23 de Marzo de 2026. RÓMULO BUSTOS AGUIRRE & XOÁN CARLOS RODRÍGUEZ

The French Do Not Care About Work

Ex-jefe de Oncología: Por Qué España Tiene Tantos Casos de Cáncer (la respuesta, en tu plato)

Ukraine STRIKES a Russian MiG-31 in Belbek — And THIS Happened...

Conan O’Brien Delivers the Commencement Address | Harvard Commencement 2026

💕 ¡Impresionante poesía romántica!: José Ángel Buesa - Sus 10 mejores poemas de amor

Entrevista a Antonio Gala

Poetas Di(n)versos AO VIVO. Luns 8 Decembro 2025. MARÍA NEGRONI & NOELIA GÓMEZ

1983 0510 Camilo José Cela en Su Turno

LIVE: Conan O’Brien speaks at Harvard graduation ceremony (full)

"Israel: What Went Wrong?": Holocaust Scholar Omer Bartov & Haaretz's Gideon Levy Debate Zionism

How to Write Strikingly Well (Lee Child Interview)

You don't need friends or family in old age - The only pillar that guarantees your happiness

