Maneo de Limiñoa (Ponteceso) - Pandereteiras de Limiñoa
Programa TVG - Alalá nº 84 Músicas completas. Data de emisión: 19/12/2013. • Alalá nº 84 Músicas Completas de "Panderet... O maneo é un baile derivado da xota, propio da comarca de Bergantiños e da zona occidental da de Ordes (Trazo e Tordoia). Musicalmente acompáñase só de canto e pandeiretas. CARACTERÍSTICAS. Bailase en dúas liñas de bailadores, de unha ou máis parellas, que bailan en espello. Os puntos son improvisados por un dos bailadores, o guía, e imitados a continuación polo resto. Ten dúas partes ben diferenciadas: punto e volta. O cambio entre as partes márcase na pandeireta cunha secuencia de toques fortes e secos: Na primeira parte, onde se canta a cantiga ou copla, a pandeireta presenta diferentes toques dependendo da área xeográfica. Porén, existe unha variante simple característica do maneo no que as dúas primeiras partes do ritmo se fan coas ferreñas e a terceira batendo na man. É nesta etapa na que se executan os puntos do baile. Os puntos do maneo diferencianse dos da xota na presenza duns "arrastrados" que levan sempre un tempo sincopado inicial. Son movementos sutís dunha grande elegancia nos que non se estilan os grandes saltos, aínda que en ocasións, hai voltas e longos desprazamentos. Na segunda parte, o retrouso, a pandeireta interpreta unha xota de catro ou cinco toques, e os bailadores pasan á volta. Esta pode ser en roda (bailando circularmente) ou en "taboa", xirando as liñas en paralelo sobre un punto central.

Alala 106 Músicas Completas de "Pandereteiras de Seixedos" - TVG

Muiñeira sinxela

Teresa dos Cucos e Fransy González

Muiñeira Vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - Pandereteiras de Limiñoa

Aula de maneo con Xurxo Fernandes - Introdución ao baile

Xabier Diaz - Muiñeira de Limiñoa - Live at WOMEX 16

Limiñoa

Jota da Ermida (Pazos de Borbén)

Alalá nº 84 Músicas Completas de "Pandereteiras de Limiñoa" - TVG

Xota e muiñeira de Imende (Carballo) – Davide Salvado e Fransy González. .

Grupo de pandereteiros "Os da Porfia" en el programa Luar, enero 2020

Alalá nº 150 "Teresa dos Cucos" - TVG

Muiñeira vella ou Ribeirana de Limiñoa (Ponteceso) - O Fiadeiro

Carme e Uxía da Pontragha - Pateado de Zabuceda (Morlán, Trazo)

Maneo e muiñeira de Cambre (Malpica de Bergantiños) - Fransy González e Davide Salvado.

Tanxedoras - Xota de Corcubión

A MAMOA DE LUOU "Xota e Muiñeira de Mangueiro"

PANDEIRETEIRAS SEN FRONTEIROS interpretan "Punteada de Soutullo"- Alalá.TVG

Maneo de Mens. Actuación na TVG

